Últimas novas

Actualizacións

Vai de Camiño con Xochilmica

Noite de San Xoán

A noite do 23 invitamos a todo o mundo a que se acerque a Taboadelo (Pontecaldelas) a disfrutar de tódolos concertos e actividades da noite de San Xoán.

Xochilmica grava na Casa das Crechas

Este xoves, dia 24, sobre as 22:30, Xochilmica grava na Casa das Crechas un tema en directo que se incluirá no seu próximo disco.

Nesta ocasión conta con colaboradores de luxo como o mestre gaiteiro Edelmiro Fernández, con Pedro Pascual (Marful, Talabarte Trio), con Santi Cribeiro e Quim Fariña (Berrogüetto) , Manuel Amigo (Dhais), e como non, as voces das pandereteiras de “Cantigas e Agarimos”.

A Casa Das Crechas, un dos maiores santuarios da musica Folk na Galiza, é o lugar escollido para a grabación deste tema, un local que este ano cumpre os seus 20 anos de historia e que lle vai servir o grupo coma marco perfecto para a grabación dun dos temas que se incluiran no seu segundo disco.