Próximos concertos

Últimas novas

Actualizacións

Volvemos a Ortigueira

Nada mellor que este grupo para garantir a esmorga. O quinteto compostelán pisa por segunda vez o Estrella Galicia, ao que xa se asomaron como gañadores do Proxecto Runas'05. Os temas sinxelos e pegadizos do seu primeiro traballo, Cinco elementos, resultado do seu triunfo no certame folk de Radio Obradoiro, arrasaron nos palcos de certames como Ortigueira ou Lorient.

A banda, que cumpre o seu primeiro lustro, acaba de publicar o seu segundo traballo discográfico no que gañan presencia os temas propios. Un novo álbum titulado Carta branca, que conserva o espírito festivo e a musicalidade da instrumentación tradicional galega e en torno ao que xirará o concerto no Festival. Non obstante, non faltará tampouco o repaso aos temas que os impulsaron.

Os Xochilmica, de longo pasado en agrupacións tradicionais dla capital galega como Cantigas e Agarimos, non defraudarán e, de novo, farán vibrar e saltar aos folkies.

Aqui podes ver o programa de "Ortigueira 2008"

Tres peixes voando

Un marraxo, unha xarda e un bacallau, tres peixes que voan desde os mares galegos coas músicas do mundo, dúas voces e unha guitarra de máxima actualidade na música galega: Ugía, Xabier e Guillerme. A intención da súa viaxe acuática é dar a coñecer Tres peixes voando, o programa que os tres dirixen en Radio Galega Música. Estes tres grandes músicos galegos achégannos aos seus propios universos musicais. O programa emítese os domingos entre as 23 e as 24 h. en Radio Galega.

O pasado 15 de xuño, estivemos con eles, aqui podedes escoitar a entrevista: "Tres peixes voando"

Programa do Alalá

Para toda xente que non puido ver o programa en directo, aqui tedes o enlace: "Alalá Xochilmica"