Últimas novas

Actualizacións

Xochilmica, a historia

Chegados dende o eido tradicional, o grupo Xochilmica comeza a súa andaina en Compostela no verán do 2003.

Con menos dun ano de vida, o grupo Xochilmica gaña o “V Certame de Música folk de Radio Obradoiroâ€, feito que lle dá a posibilidade de gravar o seu primeiro disco: “5 ELEMENTOSâ€.

Dende entón e ata agora, foron moitas as experiencias inesquecibles, moitos os amigos e amigas que acompañaron o grupo nas súas viaxes, e moitos os concertos por Galicia, polo resto da península, por Francia e polos EEUU, que fixeron de Xochilmica un grupo cunha estimable bagaxe musical, e unha das formacións máis nova e máis prometedora da música folk en Galicia.