Últimas novas

Actualizacións

O noso MySpace

Dende hai uns días Xochilmica tamén dispón dun novo sitio na rede de MySpace na que se inclúen redes de amigos, grupos, blogs, fotos, vídeos e música.

Entra agora: "MySpace Xochilmica"

Xa estamos outra vez de volta!

Ano novo, páxina nova e DISCO NOVO!

Xochilmica, lanza o seu novo traballo discográfico “Carta Brancaâ€. Un disco que conecta o pasado e o presente do grupo, e que conserva toda a frescura e musicalidade da instrumentación tradicional galega pero aposta por unha dimensión contemporánea da música feita aquí, en Galicia.

Traballo no que contamos coa participación de moitos amigos, Pedro Pascual, Pablo Pascual, Carlos Freire, Óscar Fernández, Xosé L. Miguélez, as Pandereteiras de Cantigas e Agarimos, Nicolau Rodríguez e Iván Varela de Lamatumbá, Santi Cribeiro, Quim Farinha, Manuel Amigo e Edelmiro Fernández.

__________________________


Este sábado, dia 7 de xuño, as 17:00 h., poderás escoitar a entrevista que nos fará Emilio Españadero no programa "Lume na Palleira".



Desembarco en Moaña

Este domingo 5 de agosto, Xochilmica desembarca en Moaña, no Festival Interceltico do Morrazo.

Un concerto no que contaremos con algunhas colaboracións de luxo xa habituais, como son Pedro Pascual (Marful, Talabarte Trio), Oscar Fernández (Os Cempés, Bonovo) e as pandereteiras de Cantigas e Agarimos.

Nesta ocasión e con estos amigos faremos un fin de festa-festival por todo o alto e que rematarán os vascos Oskorri.

Vémonos en Moaña