Últimas novas

Actualizacións

Ano novo

A pesares a triste noticia que vos demos fai uns meses coa disolución de Xochilmica, polo de agora, procuraremos estar en línea.

Actualizamos a galería coas últimas actuacións do grupo no Festival de Ortigueira, Gala do Alalá, Milladoiro Folk, etc.

Tamén mantemos a "Tenda Aberta" para que merquedes o último CD, que xa quedan poucos ; ).

Despedida

Dende o principio, un dos primeiros adxectivos que escoitamos os Xochilmica cando se referiron a nós, foi o de "grupo sincero". Pasaron anos dende que nos adicaron esas primeiras palabras os que tanto nos axudaron...

A partir de ese momento, fomos creando, case sen querer, un pequeno xochil-mundo... xochil-concursos, xochil-premios, xochil-disco, xochil-ensaios, xochil-concertos... e polo medio moitos xochil-sentimentos.

Con esa sinceridade, queremos comunicarvos a tod@s, que os elementos de Xochilmica decidimos poñerlle fin a este proxecto tan intenso, nun momento doce, co que queremos quedar na nosa memoria.

Temos que berrar con forza palabras de agradecemento a tod@s os que nos axudastes e fixestes posible esta xochil-atmosfera.

Grazas a tod@s e ata sempre.

Xochilmica

Volvemos a Ortigueira

Nada mellor que este grupo para garantir a esmorga. O quinteto compostelán pisa por segunda vez o Estrella Galicia, ao que xa se asomaron como gañadores do Proxecto Runas'05. Os temas sinxelos e pegadizos do seu primeiro traballo, Cinco elementos, resultado do seu triunfo no certame folk de Radio Obradoiro, arrasaron nos palcos de certames como Ortigueira ou Lorient.

A banda, que cumpre o seu primeiro lustro, acaba de publicar o seu segundo traballo discográfico no que gañan presencia os temas propios. Un novo álbum titulado Carta branca, que conserva o espírito festivo e a musicalidade da instrumentación tradicional galega e en torno ao que xirará o concerto no Festival. Non obstante, non faltará tampouco o repaso aos temas que os impulsaron.

Os Xochilmica, de longo pasado en agrupacións tradicionais dla capital galega como Cantigas e Agarimos, non defraudarán e, de novo, farán vibrar e saltar aos folkies.

Aqui podes ver o programa de "Ortigueira 2008"